Mochilas Viaxeiras

 


          📚 Libros que viaxan dende a Picota ás casas d@s nen@s

👉Durante o mes de outubro Espinaca🐄 e Léctor 🐭 estiveron traballando arreo para preparar con moito agarimo as mochilas viaxeiras 🗺, co fin de que alumnado e familias gocen da lectura en conxunto ou individualmente.


📚Os libros das mochilas son moi variados para que tod@s poidan disfrutar dos que máis lles gustan, pero tamén para que descubran novas temáticas 👀 e vaian ampliando os seus intereses na lectura .

Todas teñen en común un libro sobre o proxecto “Mares e ríos” 🌊 da biblio. Por suposto, se na casa tedes libros relacionados con este tema, podedes traelos a aula e compartilos coas compañeiras e compañeiros.

Nas mochilas tamén atoparedes:


Unha chea de libros sorprendentes...

de animais coñecidos e descoñecidos,

personaxes reais ou fantásticos,

con aventuras divertidas ou terroríficas,

que provocan emoción ou simple alteración,

 en lugares cercanos ou lonxanos,

Libros e poemas para pensar ou para durmir,

para aprender a cociñar ou para na tixola fedellar,

para facer garabatos ou animarte a pintar,

 con final ou sen final,

con moitas letras ou sen apenas.


Son... lecturas variadas,

Atrévete a probalas.


Esperamos que disfrutedes moito coa mochila viaxeira que vos prepararon as nosas mascotas. 


Que ben vos quedan!












Boas lecturas e mellores soños amiguiñ@s! 🐭🐄







Comentarios