Contan as lendas que hai moitos anos había unha figueira 🌳 grande e fermosa, que daba uns figos saborosísimos, pero que ninguén podía gozar deles porque un home 👾 cos pelos enmarañados e avaricioso custodiaba a figueira e non os compartía, nin c@s nen@s!
Era... A FIGUEIRA DE PELOSTORTOS!
As nenas e nenos de 6º quixeron recuperar esa lenda, e representáronlles unha pequena obra de teatro ao resto dos cursos polo Samaín, porque o certo é que Pelostortos da moito medo!💀 Aínda así, as espectadoras e espectadores pasárono moi ben e disfrutaron da aventura de tres nen@s devecentes de probar os figos desa figueira!
Esperamos que vos guste!
Comentarios
Publicar un comentario