Proxecto Ríos

 Saída ao río Xallas

O alumnado de 6º curso tivo a oportunidade de coñecer máis sobre os ríos🌊 e a pesca🎣 grazas á colaboración de David Arcay.

A primeira sesión, consistiu nunha charla onde diferenciaron entre especies autóctonas e alóctonas 🐟🐠, comentaron como afecta a creación e funcionamento dun encoro á vida dos animais que habitan nestas augas, especialmente á reprodución de especies como o salmón, descubriron algúns tipos de pesca, facendo fincapé na pesca sen morte, e falaron sobre a contaminación dos ríos a consecuencia da actividade humana.

A seguinte, transcorreu nas ribeiras do río Xallas 🌊, onde para comezar as alumnas e alumnos aprenderon a coller e empregar unha cana de pescar🎣 para despois, facer prácticas no propio río. 

Tamén puideron gozar das destrezas de David na pesca á mosca, cómpre destacar que é ④tetracampeón mundial desta especialidade, e aprender algún truco para sortear a astucia das troitas, poder pescalas e devolvelas ao río sen producirlles ningún dano.

Agradecerlle a David o seu tempo e coñecementos😀, xa que se tratou dunha actividade moi interesante, que ademais proporcionou moitas ideas para o proxecto de biblioteca "Mares e Ríos".

 













Comentarios