Teatro con Brais das Hortas e premios das postais de Nadal

 E...pouco a pouco foi rematando o trimestre e chegou un novo Nadal.

 O alumnado do CPI plurilingüe da Picota tivo varias actividades neste tramo final de decembro e inauguramos o inverno asistindo, o día 21, a un teatro musical de Brais das Hortas, que nos deu un "CONSERTASSO". Ao rematar algúns ata fixeron unha fotiño con Brais. 

A continuación entregáronse os premios das postais de Nadal que, un ano máis, foron impresionantes e.... despois da difícil decisión os agraciados foron Lucas de 5 anos en infantil e Nico de 2º en primaria.

Aquí podedes ver algunha fotiño. Felices Festas a todos!!














Lucas e Nico contentos cos seus premios!

Comentarios