Clubs de lectura "Tes moito conto"

Clubs de lectura "Tes moito conto" na Picota


Este ano, parte do alumnado de 4º de primaria e 6º embarcáronse en sendos clubs de lectura, ao que se foron sumando a totalidade das alumnas e alumnos destas aulas. 

O remate do 1º trimestre supuxo tamén o fin das primeiras lecturas.

O alumnado de 4º decantouse por un recoñecido e valorado autor galego, Agustín Fernández Paz e o seu libro "O meu nome é Skywalker". Unha incrible historia detrás dunha misteriosa personaxe que agocha unha misión moi importante, que nos fará reflexionar, a súa vez, da nosa condición como individuos dentro da sociedade.




Namentres, no club de lectura de 6º escolleron un convencido escritor catalán, Jordi Sierra I Fabra,  cuxo fin principal ao longo da vida foi "aprender a rirse de si mesmo", o que implica aceptarse a un/unha mesmo/a e comezar a quererse.  A parte de aí, lograrás o que te propoñas.

A través do seu libro "O que eu creo (de todo)", o autor repasa os temas que máis o marcaron na súa infancia e adolescencia sen disimulo nin medias tintas: amor, amizades, suicidio, medo, inseguridades, resignación, superación... Un libro que absorbe @s lector@s dende as primeiras liñas.


 Que historias ou aventuras nos depararán as próximas lecturas?😲💢💢💢💢

Comentarios