DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E A PAZ.

 Receitas para a paz.

No C.P.I "A Picota" con motivo da conmemoración do día escolar da non violencia e a paz fixemos unha serie de actividades:

Na área de lingua castelá e literatura, aproveitamos a conmemoración deste día para darlle á materia un enfoque transversal. En primeiro lugar, fíxose un debate sobre o significado de sentimentos, comportamentos ou condutas que son necesarios para a resolución pacífica de conflictos. Despois disto, aproveitamos para traballar o texto expositivo- instructivo, en concreto o modelo da receita de cociña. Como conclusión ao traballo, o alumnado puxo en práctica a súa creatividade elaborando recetas de cociña moi orixinais nas que tiñan que facer as súas recetas para a paz. Aquí vos deixamos algunhas fotos do proceso e as recetas elaboradas polo alumnado. Agora só falta poñerse a cociñar con estas recetas!















MURAL "SOMOS DE PAZ"

Outra das actividades consistiu na elaboración por parte do alumnado dun simbólico mural no que se recollen os valores morais e condutas que son necesarios para convivir en paz e evitar a violencia. Aquí deixamos o mural elaborado polo noso alumnado:


OS ESTEREOTIPOS VIOLENTOS NOS VIDEOXOGOS.


Tamén se fixo como actividade para a conmemoración da data unha reflexión sobre os estereotipos plasmados nos videoxogos que consideramos que poden influir en gran medida á maneira de relacionarse entre os nosos adolescentes. As relacións de inimizade predominan nos videoxogos e os estereotipos recollidos nos videoxogos non contribúen en nada á convivencia pacífica. Aquí vos deixamos as conclusións obtidas despois de traballar co alumnado.


En Educación infantil e primaria tamen se traballou esta data tan importante nas aulas. aproveitando que o tema do Plambe son os mares e océanos, collemos o Océano Pacífico e simbólicamente botamos  a el todas aquelas noticias de guerras ou violencia. A continuación algunhas fotos do que se fixo nas clases.














Comentarios