Actividades de fin de curso

 E chegou o fin de curso, que rápido pasou.... e chegaron as saídas e excursións! Por fin!! 

Aproveitando que o tema do Plambe deste curso era "Ríos e Mares" as excursións foron a guinda de dito tema.

O alumnado de Infantil, 1º e 2º, foi de excursión ao Acuario da Coruña. Alí poideron disfrutar vendo todo tipo de peixes, o famoso tiburón Gastón, as simpáticas focas,...arte feito con residuos sacados do mar... viron como os buzos alimentaban ás raias e ás anémonas....

Logo comeron nas instalacións do Acuario e finalmente foron a disfrutar do parque de Santa Margarita e os seus columpios. A continuación unhas fotiños.










O alumnado de 3º,4º,5º e 6º foi de excursión á illa de Ons. Despois do autobús colleron o barco e alí fixéronos cantar e bailar dende o seu asiento. Xa na illa puderon dar un paseo para coñecela un pouco e pasaron un día caloroso pero moi entretido e agradable.

O luns 19 de xuño os de 4º fixeron unha última saída a Sanxenxo, ao CEIP Portonovo,xa que estiveron todo este curso carteándose con nenos dese colexio,  dende outubro ata agora. Esta foi a actividade final, unha xornada de convivencia na que lles ensinaron o cole, zonas do pobo, un parque...disfrutaron das actividades que lles prepararon e logo pasáronse os correos electrónicos para poder seguir en contacto. Foi unha bonita experiencia como podemos ver nas seguintes fotos.
















E para rematar a Festa de fin de curso no cole con colchonetas, taller de camisetas,  a maxia do Mago Charly Braun e Zumba para menear un pouco o esqueleto.
















Comentarios