Novos espazos no colexio!

 

Este curso tratouse de darlle unha volta aos patios para conseguir que a rapazada tivera unha maior variedade de opcións á hora do recreo. Neste obxectivo participou toda a comunidade educativa. Logo de ver a boa acollida de seguro seguiremos con ilusión o camiño empezado. Agradecemos especialmente  á ANPA a súa implicación e colaboración.

O profesor de E. Física de Secundaria, Anxo, prestou moitos dos seus xogos persoais para que os nenos e nenas poideran xogar no recreo. No mes de marzo os xogos colocáronse no patio debaixo do comedor e o alumnado iba rotando por cursos. Tivo moi boa aceptación. Aquí podemos ver alguna fotiño dos nenos e nenas xogando.

 









Grazas profe Anxo!!

 





Na recta final do curso abríronse 2 espazos que invitaban á calma e a autorregulación. Nestas zonas de calma, os materiais e normas foron consensuadas por todo o alumnado mediante unha asamblea escolar á que asistiron 2 representantes de cada clase, que levaban as propostas feitas polos seus compañeiros e compañeiras na aula..  Alí os nenos e nenas podían ler, facer puzzles..… ou simplemente estar.... E sentados nas alfombras ou nos banquiños eles mesmos aprendían a acadar un estado de calma, co obxectivo de irse coñecendo a si mesmos. Tamén tivo moi boa acollida.

Comentarios