Charla sobre o Acoso Escolar

 

Un curso máis solicitamos para o noso centro  o Plan Director  para a Convivencia  e a Mellora da Seguridade nos Centros Educativos e as súas Contornas, desenvolvido  polas Forzas e Corpos de Seguridade do Estado.

 

Este programa   responde  a unha  das principais   liñas  de  actuación  do Goberno e polo tanto tamén da Delegación de Goberno en Galicia, como  é o impulso  da educación  en valores  e a importancia da prevención  e información como elementos fundamentais para a mellora da sociedade.

 

A proposta  de actividades  inclúe  aspectos tan  relevantes  como  o acoso escolar, os riscos  ·asociados ao uso das redes socias, o consumo de estupefacientes  e alcol, a violencia  nos centros escolares, os abusos e agresións sexuais e a violencia sobre a muller, o maltrato no ámbito familiar, os comportamentos racistas e xenófobos e a discriminación por razón de sexo ou raza, entre outros. Son temas de especial importancia  e interese para toda a comunidade educativa, polo  que  nos decidimos a continuar participando.


 

O persoal especializado das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, as Unidades  de Coordinación  contra  a Violencia  sobre  a Muller  da Delegación do Goberno en Galicia e as súas subdelegacións que, en colaboración coa Alta Inspección de Educación en Galicia e a Inspección Educativa da Xunta de Galicia, son os responsables do desenvolvemento deste proxecto.


O luns comezamos con estas charlas nos grupos da ESO. Esta primeira primeira tratou sobre o “Acoso Escolar”.






Comentarios