25 de novembro. Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller

 Un ano máis, dende o CPI a Picota quixemos dar visibilidade a este día a través de distintas propostas nas que participaron gran parte do alumnado de Infantil, Primaria e Secundaria.




Os alumnos/as de Infantil e Primaria realizaron unha instalación inspirada na obra “Zapatos vermellos”, da arquitecta e artista visual mexicana Elina Chauvet. A peza foi colocada en distintos espazos do centro.









Os alumnos/as de 6º Primaria realizaron unha composición inspirada nas serigrafías do artista pop Andy Warhol. Nesta obra fálannos da moza Mahsa Amini, que foi asasinada en Irán por non levar o velo como marca a lei. Dende o 16 de setembro miles de persoas manifestáronse en Irán e en moitos outros países.




Os alumnos/as de 3ºESO participaron no “III Concurso de Fotografía/Fotomontaxe Contra a Violencia de Xénero”. Realizamos o proceso de votación para elixir a imaxe gañadora durante dous recreos desta semana.






Os alumnos de EPVA de 4ºESO realizaron un mural inspirado nun selfie realizado pola fotógrafa estadounidense Nan Goldin. Na súa obra traballa temas como: o mundo underground, o punk, a contracultura, a visibilización de diferentes identidades sexuais e de xénero, o SIDA, a violencia de xénero...

En canto á técnica pictórica seleccionada, empregamos como referente a obra do artista xienense Santiago Ydáñez.




Comentarios