Durante todo este curso, o alumando de 3º de ESO participou no proxecto Quérote, que a Consellería de Educación ofrece a centros de toda a Comunidade. No noso instituto a actividade coordinouse conxuntamente desde os departamentos de Xeografía e Historia, Plástica e Bioloxía.
Ademais da asistencia ás diversas charlas impartidas por expertos en educación afectivo-sexual, as alumnas e alumnos deste curso organizáronse en grupos de traballo para abordar diferentes aspectos desta temática:
- Identidade e diversidade sexuais.
- Os modelos do amor romántico.
- Relacións e sexualidade a través da tecnoloxía.
- As presións do grupo sobre a sexualidade.
- Prácticas sexuais de risco, ITS e sexualidade segura e afectiva.
Froito do labor destes grupos elaboráronse os respectivos esquemas e guións, carteis alusivos a cada unha das liñas de traballo e un pódcast por cada unha das temáticas elixidas.
Finalmente, o alumnado de 3º de ESO participante no proxecto visitará estes días as aulas de 1º e 2º de ESO para expoñerlles ás súas compañeiras e compañeiros as principais conclusión de cada equipo de traballo.
Comentarios
Publicar un comentario