O martes 7 de maio organizouse a charla para a escola de pais e nais Alimentación consciente e rendemento escolar, impartida pola dietista Belén Ventín.
A actividade celebrouse de maneira simultánea ao obradoiro Cociña saudable para a rapazada, co que unha vez máis pretendemos conciliar para poder formarse e aprender e educar de maneira saudable e responsable.
Así presentaba Belén Ventín as actividades de alimentación consciente e cociña saudable:
Benqueridas familias:
Unha vez máis, dende a escola de familias presentamos dúas actividades que non nos van deixar indiferentes:
Charla para familias: “Alimentación consciente e rendemento escolar”. Impartida por Belén Ventín (dietista).
Obradoiro de cociña saudable para o alumnado.
Que si, que si, que aínda no 2024 hai que explicar a relación entre a capacidade cognitiva, intelixencia, estado de ánimo… e as comidas que facemos. Imos aló!
Tratouse da importancia da alimentación saudable no rendemento académico, do uso excesivo de alimentos procesados e da inxestión diaria de azucre por parte da rapazada.
Por outra banda, no obradoiro de cociña saudable os nosos pequenos e pequenas aprenderon receitas sinxelas e moi apetitosas pero, sobre todo con ingredientes naturais.
Comentarios
Publicar un comentario