O mércores 13 de decembro tivo lugar o obradoiro A saúde emocional dos nenos e dos adolescentes. Unha viaxe a través do ioga, o mindfulness e a sonoterapia, dirixido ao alumnado de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria.
Con este obradoiro pretendemos, dende o CP Inclúe, dinamizar hábitos de vida saudables favorecedores do benestar físico e emocional do noso alumnado, pois unha boa saúde física e mental é fundamental para a consecución do éxito educativo e un desenvolvemento integral e harmónico do noso alumnado.
Para desenvolver este proxecto contamos con Cristina Pérez Rodríguez, xerente da empresa Experiencia Wellness S.L.U., de Ourense, con ampla experiencia no mundo da formación do profesorado e do alumnado.
Este obradoiro xirou arredor de dúas temáticas previamente aconselladas pola experta: xestión emocional e sonoterapia.
- Xestión emocional
A nosa rapazada puido descubrir, experimentar e aprender a identificar emocións; practicar exercicios para obter autorregulación emocional; aprender técnicas para relacionarse mellor cos demais e con un mesmo.
- Sonoterapia
O noso alumnado practicou técnicas de relaxación, xogos de autoestima a través do son e puideron coñecer instrumentos terapéuticos e os efectos que estes producían sobre a propia persoa.
E... todo isto nun ambiente de calma, absoluto silencio, respecto mutuo, axuda, relaxación profunda e equilibrio entre CORPO-MENTE-EMOCIÓN, efectos que equilibran.
Comentarios
Publicar un comentario