Entroido secundaria

¡UFF!, este entroido foi divertidísimo no instituto. A maioría de persoas disfrazáronse, incluso algúns profesores. Houbo disfraces de todas as clases e rímonos un montón cando os vimos entrar pola porta e durante toda a mañá. Houbo, gardas civís, obreiros, árbores, plátanos, quenllas, velliñas, as mesmísimas secretarias de Shakira, vaqueiras e moitos máis. Durante a mañá houbo un xogo chamado estornela e as últimas dúas horas houbo un concurso de disfraces no que había tres categorías: individual, parellas e grupos (máximo de 6 persoas). Houbo unha votación na que participaron tanto profesores como alumnos. É en cada categoría houbo gañadores: na categoría individual gañou Alicia Alvite de 1ºESO que ía disfrazada de velliña, na categoría de parella gañaron Xoel Santabaya e Anxo Maroño de 3ºESO disfrazados de obreiros e na categoría de grupo gañaron Brais Lago, Raúl Caamaño, Pablo Arosa, Tony Castro, Samuel e Ramiro Alentorn que iban disfrazados de cazatiburóns e tiburóns. 

Foi un entroido cheos de risas. Pasamolo xenial !!!


Andrea Alvela Rodríguez

4ºESO

Comentarios