Material autoconstruído

No afán de perseguir un estilo de vida activo e ecosocialmente responsable creamos materiais para a práctica de actividades físicas con materiais de refugallo. O alumnado de 6º curso de Educación Primaria creou bottles, grazas aos cales practicamos as distintas modalidades do deporte alternativo bottleball (cancha dividida por unha rede alta). En 5º curso creamos un deporte, "anel móbil", no que creamos aneis para practicalo en entornos naturais. Cabe resaltar tamén o traballo do alumnado de 4º curso de Educación Primaria, xa que crearon uns paladós (palas de man) que lles axudou no seu progreso nos deportes de raqueta.

Comentarios