O alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria gozaron dunha experiencia deliciosa e moi especial: un taller de cociña no cole!
A actividade foi posible grazas á colaboración dos pais dun dos nosos alumnos, que quixeron compartir connosco o seu tempo e os seus coñecementos culinarios. Con moita ilusión, paciencia e un gran sorriso, guiaron ao nenos e nenas paso a paso na elaboración dunha receita moi especial: un riquísimo tiramisú.
Durante o taller, os alumnos aprenderon a importancia de seguir instrucións, medir cantidades e traballar en equipo. Puideron mesturar os ingredientes, montar as capas con coidado e descubrir como, con esforzo e colaboración, pódese crear algo tan delicioso.
O mellor de todo foi o momento final: probar o tiramisú que eles mesmos prepararan! O resultado foi todo un éxito… estaba boísimo!
Queremos
agradecer de corazón á familia que fixo posible esta actividade tan
enriquecedora. Sen dúbida, foi unha experiencia doce que os nosos pequenos
lembrarán cun gran sorriso.







Comentarios
Publicar un comentario