O mércores 12 de novembro, todo o alumnado do centro achegouse ata o pavillón do Concello para asistir a unha exhibición da Garda Civil. Alí esperábannos profesionais de seis especialidades: Tráfico, Protección Civil, Policía Xudicial, Fiscal e fronteiras, Seprona e Seguridade cidadá.
Faláronnos das tarefas que realizan no seu día a día. Tamén nos ensináronnos, e mesmo nos deixaron fedellar, nalgunhas das ferramentas que empregan.
Cara o final xornada, os máis pequenos tiveron a oportunidade de ver aterrar moi cerquiña un helicóptero.
.jpg)











Comentarios
Publicar un comentario