O alumnado de Educación Infantil participou nun divertido e enriquecedor obradoiro de ecopercusión, unha actividade na que a música e o coidado do medio ambiente foron da man.
Durante a sesión, descubriron que se pode facer música con obxectos cotiáns e materiais reciclados. Tixolas, botes, caixas ou utensilios de cociña convertéronse en instrumentos musicais improvisados, mentres que as baquetas marcaban o ritmo dunha experiencia chea de creatividade e aprendizaxe.
Sen dúbida, unha experiencia sonora moi especial que fixo vibrar a aula ao ritmo da imaxinación.


Comentarios
Publicar un comentario