No primeiro trimestre iniciamos o proxecto Culturas do mundo cunha viaxe moi especial a México. A nosa mascota de aula, o Moucho, amosounos fotografías de lugares emblemáticos como Chichén Itzá. Tamén aprendemos algunhas das súas cancións máis coñecidas, como El rey, e celebramos o Día dos Mortos para achegarnos ás súas tradicións.
Un dos momentos que máis nos gustou foi a visita virtual ao Museo de Frida Kahlo, onde puidemos coñecer os seus cadros máis famosos.
Encantáronnos especialmente os seus autorretratos. Ademais de descubrir a súa obra artística, fascinounos a súa vida e personalidade.
E unha vez rematada esta viaxe, estampamos o noso selo de México no noso pasaporte escolar, lembrando todas as aprendizaxes e as experiencias que compartimos ao longo do camiño.







Comentarios
Publicar un comentario