O pasado venres, 14 de novembro de 2025, o noso colexio celebrou o magosto cunha xornada chea de diversión, tradición e xogos populares.
Para a conmemoración desta festa tan
arraigada na nosa cultura, organizáronse seis estacións de xogos
tradicionais, entre os que se atopaban a pita cega, a carreira de sacos,
o tira e afrouxa (soga-tira), entre outros. Cada estación ofrecía unha
proposta diferente, permitindo ao alumnado gozar do xogo e do movemento nun
ambiente lúdico e participativo.
Un dos aspectos máis destacados da
actividade foi a implicación do alumnado de 6º de Educación Primaria,
que asumiu o papel de presentar e explicar cada xogo nas estacións
correspondentes, demostrando responsabilidade, iniciativa e unha excelente
actitude colaborativa.
Debido ás condicións meteorolóxicas e ás chuvias,
os xogos tiveron que desenvolverse en espazos diferenciados,
organizándose por unha banda o alumnado de Educación Infantil e, por
outra, o de Educación Primaria, garantindo así o bo funcionamento da
actividade.
A xornada foi todo un éxito, resultando moi
divertida e cunha moi boa acollida por parte de todo o alumnado, que puido
desfrutar dunha celebración diferente, combinando tradición, convivencia e
aprendizaxe.
Comentarios
Publicar un comentario