Excursión ao Teatro Principal de Santiago de Compostela. 5º e 6º Primaria

O 26 de xaneiro fomos ao Teatro Principal de Santiago en autobús. Ao chegar, fomos andando e mollámonos un pouco. Paramos na entrada do teatro e merendamos. Fomos ver a obra “Crisálida” que trataba dunha mercería da Coruña. Os actores non falaban, con xestos contaban a historia de dous señores maiores que tiñan unha tendiña. Eran felices ata que un día que estaban bailando, a velliña atopouse mal e morreu. O velliño vendeu a tenda e un home comprouna. Ao final o vello volve a tenda e o novo dono faino feliz. Gustounos.

Despois da obra fomos a Área Central a comer, dixo o de seguridade que agora non se pode comer alí e tivemos que saír fóra. Ao acabar tíñamos unha hora libre (pasou moi rápido), compramos moitas cousas. Marchamos no autobús e volvemos ao colexio. Acabouse pero pasámolo moi ben.


Isabella Bellido Baena

Samuel Capelo Pérez

Comentarios