O 29 de xaneiro asistimos a unha charla dentro do marco da II Xornadas Interculturais do CPI A Picota. Estaban presentes os alumnos de 6º de Primaria e toda a ESO.
As persoas que nos visitaron foron:
María, da sección Atención a inmigrantes da Cruz Vermella de Noia. María falounos dun centro de acollida para inmigrantes que cando chegan axúdanos en cousas básicas, dándolle roupa e aseándoos. Tamén asisten a clases de español para así poder comunicarse e que lles sexa máis doado a adaptación no noso país. Viñeron con ela uns homes que actualmente viven en Noia ou arredores:
Lamine, de Senegal, o seu pobo chámase Djknda. Leva 8 anos en España e falou da importancia da familia, que a bota moito de menos. Adaptouse moi ben e ata fala galego!
Addembi, de Marrocos, e o seu pobo chámase Meknes. Fai 3 anos que marchou do seu país. Primeiro estivo en Francia e despois en Barcelona.
Younouss, de Senegal, e o seu pobo chámase Toubaconta. Leva 2 anos e 4 meses en España. Gústalle moito o deporte e encantaríalle xogar nun equipo de 1º división.
Tamén estaban presentes familias con alumnado no centro como Liliana de Colombia que leva 4 anos en España e Viviana que leva 1 ano. Yaidelys é de Cuba e aínda non leva un ano vivindo en Mazaricos. Contáronnos que non teñen pensado voltar ao seu país de orixe pola mala situación interna que está vivindo, hai moitos roubos, secuestros… e o que máis lles costou foi adaptarse ao noso idioma, ou como din elas, ao noso dialecto.
Mara Nieto Ramos. 4ºESO
Comentarios
Publicar un comentario