II Xornadas Interculturais. Mercado solidario

Dende a biblioteca, e en colaboración co equipo de orientación, organizamos un mercado solidario no marco das II Xornadas Interculturais do CPI A Picota. Todo o alumnado de infantil e primaria participou traendo da casa: libros, obxectos decorativos ou xogos que xa non usaban. Tamén se doaron libros dende a biblioteca.

Outros obxectos que formaron parte do mercado foron os que elaborou o alumando de secundaria nos talleres antes das vacacións de Nada: postais, chapas e calendarios. A profesora de Tecnoloxía, Isabel Carballo, tamén deseñou pequenas pezas empregando a impresora láser da aula de Polos Creativos.

Ata a biblioteca de secundaria achegouse todo o alumnado do cole e algúns pais e nais que tamén nos visitaron.

A iniciativa foi, outro ano máis, un éxito e o diñeiro recadado doámolo á ONG Egueire.

Comentarios