II Xornadas Interculturais. ONG Egueire

O pasado mércores 28 de xaneiro tivemos unha charla moi solidaria. Dous integrantes da ONG Egueire faláronnos sobre algúns proxectos que esta organización levou a cabo en Costa de Marfil, e dos outros moitos que aínda estaban en proceso. Como por exemplo a mellora da infraestrutura sanitaria nese país, ampliando ramas clave para o desenvolvemento do lugar, integrando novo material sanitario nun centro médico dunha das localidades máis necesitadas e con menos recursos.

Tamén nos contaron un pouco sobre as tradicións e costumes daquel país, e das moitas carencias que, por desgracia, a poboación ten que soportar. Isto sérvenos para pensar e reflexionar da moita sorte que temos polo simple feito de naceremos nun país desenvolvido e no que temos todas as necesidades básicas cubertas.

E incríbel que unha ONG nacida en Mazaricos poida facer tanto por esas persoas de Costa de Marfil, o que nos fai pensar que calquera pode axudar independentemente da zona na que viva. Isto ensínanos que non é necesario estar nunha gran cidade para axudar a outras persoas que o necesitan, pois os integrantes desta ONG nacida en Mazaricos demóstrannolo.


Brais Capelo Martínez. 4ºESO

Comentarios