No mes de abril tivemos a sorte de contar coa participación das familias do alumnado de Educación Infantil, que se achegaron ás aulas para compartir contos, historias e momentos moi especiais cos nenos e nenas.
Foi unha experiencia moi enriquecedora, chea de ilusión, emoción e ganas de ler, na que o alumnado gozou escoitando diferentes voces e descubrindo novas aventuras a través dos libros.
Queremos agradecer de corazón a todas as familias a súa colaboración, implicación e tempo compartido.

Comentarios
Publicar un comentario