Hai uns días participamos nunha actividade moi creativa e diferente a todas as que fixeramos ata o que levamos de curso. Consistía en elaborar un videopoema a partir do poemario “Agosto”, de Miriam Ferradán, que xa traballaramos na clase.
Organizámonos en grupos e tivemos total liberdade para movernos polo recinto do instituto buscando elementos da natureza como: ramas, follas ou flores, para cerar as escenas e imaxes do vídeo. Tamén gravamos diferentes plantas e pensamos na maneira de mostrar as mesmas sensacións co noso poema.
Despois de ter todo o material, dedicamos bastante tempo á montaxe do videopoema, engadindo o audio coa lectura do poema e unha música acorde de fondo que o acompañase coas imaxes. A actividade foi longa e levou traballo, pero resultou entretida , divertida, amena e interesante, xa que puidemos usar a nosa imaxinación e traballar en equipo. Para rematar o obradoiro, cada grupo presentou o seu videopoema diante da clase e puidemos ver os distintos resultados.
Noa Canosa Lema
Comentarios
Publicar un comentario