V Recital de Poesía. Secundaria

 Discurso de apertura

Hoxe non imos recitar peomas só por beleza.

Hoxe imos recitar palabras que doeron.

Palabras que naceron da guerra, do exilio, da fame, da inxustiza.

Vivimos nun mundo no que parece que o máis importante é o beneficio económico, o poder, o crecemento sen límites. Pero mentres uns poucos toman decisións desde despachos cómodos, son outros -moitas veces persoas coma nós- quen sofren as consecuencias.

A literatura non detén as bombas. Pero a literatura impide que nos volvamos indiferentes.

A poesía é memoria. É denuncia. É conciencia.

É a voz dos que non tiveron voz.

Hoxe, neste patio, imos demostrar que a palabra segue sendo necesaria.

Que fronte ao ruído da guerra, nós escollemos a reflexión.

Que fronte ao egoísmo, escollemos a empatía.

Porque a paz non é só ausencia de guerra.

A paz é xustiza.

A paz é dignidade.

A paz é lembrar que ningunha economía vale máis ca unha vida humana.

María Silva (Profesora do departamento de Lingua Castelá)


Un ano máis, dende a biblioteca e en colaboración cos departamentos de Lingua Castelá e Lingua Galega, organizamos o V Recital Poético do noso cole.

Participaron un gran número de alumnas e alumnos de 1º, 2º e 3º da ESO, e tamén algúns de 4º. 

O nivel volveu a ser moi bo. As gañadoras foron:

Gañadora 2ºESO: Iris Lema Pensado

Gañadora 4ºESO: Carla Recarey Beiro

Gañadoras da categoría parellas: Mara Sanmartín Trillo e María Caamaño González

Categoría parellas en lingua estranxeira: Lucía Lago Domínguez e Anastasiia Hordiienko

Gracias ao xurado, formado por profes e polos gañadores do ano anterior: Daian Juliana Salazar Reinoso (2ºESO) e Brais Capelo Martínez (4ºESO). Tamén agradecer a Anxo Maroño Ribero e Rodrigo Gerpe Beiro, os dous de 4ºESO, por exercer como presentadores da cerimonia tamén este curso.

Comentarios