24 DE OUTUBRO - DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES




 Este ano no entorno do día do “cumple” da nosa biblioteca realizáronse actividades de formación de usuario relacionadas tamén coa figura do noso “padriño” o membro da Real Academia Galega,Manuel González, veciño do noso concello. En Secundaria repartíronse os carnéts da biblioteca ao alumnado de 1º da ESO e logo houbo uns petiscos literarios nos que alumnado e profesorado prepararon un recital de poemas de Celso Emilio Ferreiro que resultou moi emotivo, para finalmente rematar a actividade degustando uns pasteliños. 




 O alumnado de Informática colaborou na realización dun calendario conmemorativo deste día no que aparece o noso padriño e a temática do noso proxecto de biblioteca deste ano “Unha fervenza de libros”.





calendario portada.3

A continuación podedes ver algunhas fotos dos petiscos literarios con Celso Emilio Ferreiro











E finalmente os petiscos…









Aquí tendes tamén algunhas fotos do xogo de “Formación de usuarios” durante o seu desenvolvemento…









E aquí están os equipos gañadores do xogo do 3º ciclo.




           Nelia, Nallely e Verónica de 6º  






Brais, Eloy e Tomás de 6º

Yerane, José e Paula de 5º






Comentarios