Benvidos un ano máis a tod@s! Xa estamos outra vez de volta!!


 
Léctor, a nosa mascota, envioulles unhas cartiñas ao alumnado de E. Infantil e Primaria para convidalos a visitalo e a entrar un ano máis no marabilloso mundo dos libros.
Na entrada da biblioteca colocouse unha “fervenza” de libros que tratan o tema da auga  e estase a decorar dita entrada imitando un río, xa que a temática do proxecto deste ano é a auga, e pouco a pouco van aparecendo máis cousas que os nenos están a facer para o noso río, algún peixe xa se pode ver!






Asimesmo contamos cun nutrido grupo de colaboradores que podedes ver na foto na entrada debaixo do cartel do noso padriño, Manuel González González.








Aproveitamos tamén para recordarvos que temos un taboleiro na entrada da biblioteca onde podedes facer as vosas suxerencias de lecturas. Como vedes na foto xa temos algunhas recomendacións!






Comentarios