PADRIÑOS E MADRIÑAS LECTOREs





Un ano máis seguimos contando coa axuda de alumnado de E. Secundaria que veñen a contarlle contos a un “afillado” de E. Infantil, son os padriños lectores. É unha actividade na que os maiores lle contan un conto ao seu afillado/a unha vez ao mes, os mércores da segunda semana do mes durante o recreo de E. Secundaria.
 O  ano pasado empezouse esta actividade cos pequenos de 3 anos, e este ano  están nesta actividade os nenos de 3 e 4 anos sendo os padriños e madriñas alumnado de 2º da ESO como  podedes ver nas fotos







Comentarios