“Cumpreanos” da biblioteca e Samaín






Un ano máis festexamos conxuntamente o día da biblioteca coa festa do Samaín, pola súa proximidade. Así cada clase preparou algo, poemas, refráns, cancións...  relacionado coa temática do proxecto de biblioteca deste ano que xira entorna á auga. E despois de que algunhas alumnas leran un conxuro para facer chover pasamos á temática máis relacionada co Samaín, entregáronse os premios aos que escribiran os contos de máis medo, e logo aos que fixeran as cabazas máis orixinais...e non foi nada doado elexir as cabazas gañadoras!  Para rematar o acto cunha estupenda canción-baile en inglés  e tomando uns pasteliños cos que nos agasallou a biblioteca polo seu aniversario, todo o cal podemos ver nas fotos da seguinte presentación.





SAMAIN 2012
Samaín 2012 (2ª parte)

Comentarios