Estreamos o noso Kamishibai

Aproveitando a compra dun kamishibai, contouselle aos nenos de E.Infantil e de 1º ciclo o conto de “O gato Sol”. Este é un conto de tradición Vietnamita, o cal nos viña ben para o noso proxecto de biblioteca, relacionado coa auga, xa que é un país no que a auga está moi presente. 
O primeiro que fixo o equipo de biblioteca foi presentar este país aos nenos, vendo onde estaba situado, contando algunha curiosidade da súa fauna,polo que se lles ensinaron fotos do búfalo de auga, que tamén está presente nos seus selos de correos; visionouse un vídeo dunha representación de marionetas de auga de Hanoi, e outro de como según a lenda a bahía de Halong foi formada polos coletazos dun dragón, que a sembrou de mil illas. 

Finalmente contóuselles o conto en dous días xa que despois de escoitar practicamente todo o relato eles tiñan que facer unha actividade, que consistía en decidir cada un que nome lle poría ao gato e por qué. Ao día seguinte eles viñeron coa súa suxerencia de nome para o gato e ahora sí rematouse de contar a historia. 

Como recordo desta actividade os nomes suxeridos para o gato polos nenos foron recollidos nun libro, no que tamén se recollen as curiosidades vistas sobre Vietnam. 

Nas fotos vemos aos nenos de 1º ciclo escoitando o conto na biblioteca, e tamén aparece o libro que logo se fixo coas súas ideas a partires do conto. 











Comentarios