O pasado 30 de xaneiro celebramos
como cada ano o día da Paz no noso centro. O alumnado de E. Secundaria
traballou na semana previa, no horario
de titorías, e en relación ao tema do
proxecto de biblioteca, unha unidade
didáctica “Derecho al agua en Bolivia” sobre os problemas da auga neste país,
que lles foi facilitado dende o departamento de Orientación do centro.
O mércores 30 visionaron a
película de Arturo Ripstein Cadena
perpetua, como podemos ver nas
fotos.
Concurso
de SMS. Tamén escribiron “SMS pola PAZ”, a actividade consistía en
escribir un texto cos caracteres que entran nunha mensaxe de móvil. Os
gañadores foron Lucía Castiñeiras de 2º B, Esteban Figueira de 4º B e Sara
Sieira de 2º A.
En E.
Infantil e Primaria cada titoría elaborou un peixe con mans e nas burbullas ían
escritas as mensaxes de Paz. Finalmente, no propio día, os peixes coas súas
burbullas colocaríanse nun río, cuxa elaboración correu a cargo do alumnado de 3º ciclo. A continuación
vemos algún dos momentos de elaboración do mural final resultante.
O río
debuxouno Antía, unha alumna de 5º, e logo entre todos puxéronlle cor.
Na foto podemos ver a Antía e a Sheila recortando as letras de “Os peixes da Paz” que logo se puxeron sobre o mural.
Finalmente vemos como quedou o mural antes do acto da Paz.
Logo cada neno lería a burbulla coa súa mensaxe e logo
pegaríanse no mural saíndo do peixe elaborado por eles. A continuación algunhas
das fotos do momento da lectura.
E así foi como quedou o mural da Paz finalmente.
Para rematar o acto fomos a cantar a canción da Paz “Los niños
queremos Paz” a sala de audiovisuais.
Rematando logo co baile da Paz.
Ningún comentario:
Publicar un comentario