SEMANA DA FROITA





SEMANA DA FROITA   NO CPI A PICOTA

(18 A 22 DE FEBREIRO )




O noso centro participa no programa da froita que está dentro do Plan Proxecta.  Neste mes de febrero reparteuse froita nos recreos da semana do 18 ao 22 de febreiro.

Para incentivar o gusto pola froita entre o noso alumnado, plantexouse un concurso de lemas para o seu consumo. Cada titoría elaborou os seus lemas e logo elexiron  o que lles gustou máis da súa clase. Logo expuséronse todos e os profesores eleximos o que máis nos gustou de entre os que os alumnos tiñan seleccionado en cada aula. Na foto podemos ver a exposición con todos os lemas creados e as súas ilustracións. 


























Tamén se decorou o cole con diversas ilustracións de amorosas froitas como as seguintes.





Foi difícil elexir un só lema, polo que finalmente os gañadores foron 2, Darío de E. Infantil e Paula Antelo de 5º de primaria. Nas fotos vémolos aos dous recollendo os seus premios. 
Para Darío unha guitarra de teclas con froitas en inglés e unha pizarra máxica na que debuxar todas as froitas que queira!; para Paula un coqueto bolsito no que traer a froita para os recreos




Comentarios