Charo Pita e Tim Bowley no entorno do Día do Libro ;)


Charo Pita e Tim Bowley no entorno do Día do Libro

O martes 16 Charo Pita, que é unha estupenda narradora, estivo facendo unha sesión de contacontos co alumnado de E. Infantil e outra co do 1º e 2º ciclo de E. Primaria, como sempre resultou marabillosa, foi unha sorte poder contar con ela para ilusionar ao noso alumnado co mundo dos libros. Nas seguintes fotos vemos algúns destes máxicos intres vividos con Charo na biblioteca.






O mércores Charo Pita veu acompañada de Tim Bowley, un grande narrador británico con 20 anos de experiencia e que ten percorrido Europa, Colombia, A India e Turquía enfeitizando ao público coas súas historias Na Picota, os nenos do 3º ciclo de E. Primaria e ESO disfrutar coa súa sesión de contacontos en Inglés. Cando remataron os nenos quedaron coa sensación de ter feito unha viaxe fantástica por mundos imaxinarios.





Comentarios