O tema da auga na Semana da Saúde




 Un ano máis, e xa van 13, o departamento de Orientación organizou a semana 
da Saúde, do 8 ao 12 de Abril, con actividades e charlas para todos os membros da comunidade educativa que quixeran participar. O tema do proxecto de biblioteca, a auga, estivo presente en varias das actividades preparadas por Alberto Fernández Segade, Licenciado en actividades físico-deportivas, así algúns alumnos xogaron ao “aqua trivial”, no que as preguntas trataban distintos aspectos relacionados coa auga; outros cantaron a canción do gangma stile con letra relativa ao tema..., como se pode ver no programa.


Tamén houbo actividades para as familias, dende elaboración de menús saudables a clases de aerobic, entre outras.


Nos recreos os profesores de E. Física fixeron os “recreos movidiños” en E. Infantil e Primaria bailaron zumba fittness e en E. Secundaria xogaron a xogos populares. Finalmente o venres foi Alberto Fernández o que fixo aerobic co alumnado de E.Infantil e Primaria, como se ve nas fotos..







Comentarios