Excursión co alumnado do Obradoiro de lecturas divertidas

O venres 7 de xuño os integrantes do obradoiro de lectura fomos de excursión. Despois de todo un ano lendo e comentando as impresións sobre o lido, así como facendo actividades relacionadas co gusto pola lectura, chega unha vez máis fin de curso e aproveitamos para facer unha saída. A excursión foi, como non podía ser doutro xeito, moi literaria. En primeiro lugar fomos a visitar a casa-museo de Rosalía de Castro, en Padrón, xa que no colexio tiñamos celebrado o 150 anos de Cantares Gallegos. A continuación podedes ver algunha das fotos que alí sacamos.











Logo fomos á Fundación de Camilo José Cela onde Fran nos fixo xogos, co cal foi moi ameno coñecer algo da vida e obra deste premio Nobel de literatura. Nas seguintes fotos vense algúns momentos dos xogos.








 
Para rematar tíñannos preparado un taller de sombras, no que tiñan que idear un contiño ao xeito en que Cela facía ás veces, collendo unha 3 ou 4 letras do alfabeto e coa primeira palabra que viña á mente que empezar por elas tratar de inventar unha historia. Unha vez inventado o conto debuxaban algún dos elementos clave en cartulina negra e logo fixeron un teatro de sombras. A verdade é que resultou moi entretido







Comentarios