PADRIÑOS LECTORES

E pouco a pouco e, conto a conto, o curso foi pasando e chegou o mes de xuño. Así damos por rematada a actividade dos padriños e madriñas lectores, nos que alumnado de E.Secundaria lle veu ler aos pequenos de 3 e 4 anos un contiño nos recreos dos mércores, na primeira semana de cada mes. Nas seguintes fotos podemos ver o momento de conto e tamén os agasallos que Léctor, a nosa mascota da biblioteca, lles deixou, e que viñan acompañados dunha carta na que lles daba as grazas polas visitas que lle facían e lles desexaba a todos BO VERÁN!!
Aos maiores regaloulles o libro O mundo secreto de Basilius Hoffman. O ladrón de soños, de Fernando Cimadevila; e aos máis pequenos trouxolles un libro moi saltarín, que logo de que os padriños e madriñas lles ensinaran a usar algúns probaron a facelo saltar na clase.















Comentarios