BENVIDOS UN ANO MÁIS Á NOSA BIBLIOTECA!!



Xa rematou o verán e o curso xa empezou, e como cada setembro comezamos un novo proxecto de biblioteca, o deste ano titúlase “Que pinta Léctor?” e vai sobre a arte da pintura. Así ambientamos un pouco a biblioteca con esta temática como vedes na foto.








Como xa víchedes na entrada da biblioteca temos o “Espazo Picotarte” no que todo aquel que sexa atrevido pode deixar a súa pegada en forma de debuxo, pintando aquelo que lle veña á mente, esperamos a vosa creatividade e colaboración para convertir o noso colexio nun museo.
Un ano máis contamos tamén coa axuda na biblioteca dos nos@s encargad@s, que botan unha man en moitas tarefas da biblioteca, dende a colocación dos libros nas estanterías,  poñer as pegatinas das etiquetas dos libros, poñer o cuño da biblioteca nas novas adquisicións... ata o préstamo aos demais alumnos, coa axuda dos mestres de garda.  Na seguinte foto podedes ver aos encargados deste curso na entrada da biblioteca, coa foto do noso padriño Manuel González González sempre presente, e ao fondo ao lado da árbore que da paso á biblioteca, os botes de pintura cos colores primarios, que forman parte da decoración en relación coa pintura.





Pouco a pouco iremos vendo que se vai facendo en relación  a este mundo da pintura e os pintores, pero polo pronto vemos que ata os conserxes se implican no tema, na seguinte foto vemos a un dos nosos conserxes, Pepe, que está a facer unhas tarefas de mantemento nas raíces pintadas polo alumnado de secundaria, co profesor de plástica, Álvaro de la Vega,  hai xa uns anos, e a verdade é que lle están a quedar moi artísticas



Comentarios