OS DE INFANTIL E 1º CICLO VISITAMOS A FUNDACIÓN GRANELL!


Este ano o tema da biblioteca “Que pinta Léctor?” vai de pintura, por eso o 19 de novembro tiemos unha saída para visitar a Fundación Granell en Santiago. Para empezar o tempo portousenos ben e permiteunos disfutar tamén do paseo polas  rúas de Santiago.

Ao chegar ao museo dividíronnos en dous grupos. Alí explicáronnos a vida e obra do pintor Euxenio Fdez. Granell, logo vimos as distintas salas das que consta o museo e participamos nun taller no que tivemos que escribir e debuxar que foi o que máis nos gustara e o que menos da obra de Granell. A continuación van algunhas fotos da visita (de infantil hai moi pouquiñas porque se perdeu a cámara na que estaban, se a atopamos poñeremolas máis adiante).

 
 
 
Sentámonos nun sillón coma o de Granell, que tiña ao lado un tambor que trouxera de Puerto Rico.


 
Despois de ver a exposición estivemos facendo as nosas propias creación, imitando a Granell.

 
 
 
Mentras os de 1º ciclo estábamos rematando de pintar o que máis nos gustara de Granell, os de infantil, que xa fixeran o taller antes, aproveitaron para disfrutar cos contiños que ten a Fundación
Granell nas súas instalación.
 
 
Logo  paseamos polas rúas e.......     
                                           Vimos cañerias ben chulas!
 
 

Tamén vimos as mirillas que tiñan antes nas casas, menuda! Sí, ese cadradiño no teito da rúa do Vilar ven sendo a mirilla para saber quen chamaba, xa non tiñan nin que baixar á porta!
 
 
Atopabamos cunchas de vieira por todas partes, coma as que levan os peregrinos
 
 
Coñecimos a Antonio Recuero, un músico de rúa, que nos agasallou coa canción de “Un lobito bueno”, logo Lucas preguntoulle se sabía a de “Un elefante se balanceaba” e cantámola todos con el.
 

 
E, como non podía ser de outro xeito, fomos á catedral! Sacamos unha foto na fonte dos cabalos, na praza de Praterías.
 
Fomos a darlle un bico ao Apostol Santiago

 
 
                         E tamén fixemos unha foto na porta Santa!

 
 
E xa fóra pisamos o Km 0 do Camiño de Santiago, que está na praza do Obradoiro.
 
 

Foi moi chulo saudar ao mimo que está na praza, parece o mago Merlín e deixounos probar os seus sombreiros!
 
 
 
 
Aquí van algunas fotiños máis, na última vésenos recuperando forzas antes de voltar ao colexio.
 
 
 
 
 

Comentarios

Publicar un comentario