CELEBRANDO A PAZ NO CPI A PICOTA



Como cada 30 de xaneiro celebramos o día da Paz, pero antes de chegado o día o noso centro foise preparando.  O lema elexido este ano como fío condutor foi a frase do pacifista hindú Mahatma Ghandi “non hai camiño para a paz, a paz é o camiño”.  Así durante os recreos do mes de xaneiro escoitouse música relativa a esta temática, elexindo para cantar no acto do día 30 a canción de Alex Campos “Pinta el mundo”.



En secundaria estamparon o lema elexido sobre camisetas blancas, coa pegada do pé de cada un no medio, e enchéronse as paredes con poemas alusivos tanto en galego como en francés, inglés ou portugués; así como o mural coa letra da canción elexida. A continuación podemos ver algunhas fotos.

 








Nas seguintes fotos veredes o estupendo traballo sobre a Paz que fixeron os alumnos de 4º PDC coa profesora Hortensia , con escenas de paz-guerra nas que saen os propios alumnos.




             



  







En primaria fixéronse diversos muráis relacionados co lema de Ghandi, e cada clase realizou as súas pegadas en papel adhesivo, as pegadas levaban á biblioteca, que era onde estaba o mural de Ghandi elaborado polos de 3º.

 O equipo de biblioteca tamén  convocou un concurso de caligramas sobre  pombas pintadas por Picasso, en relación co proxecto de biblioteca sobre pintura. 

A profesora de relixión traballou o conto de “As  grullas da paz” e realizou as grullas cos maiores. A continuación algunhas fotiñas dos muráis realizados.










E chegou o 30 de xaneiro! En secundaria fixeron o acto pola mañan. Os alumnos de Música de 4º ESO tiñan preparado un  baile en roda “Hora Chadera” de Israel  e logo todos os alumnos de ESO cantaron a canción “Pinta el mundo”.  Finalmente fixeron unha fotiño todos xuntos, alumnos e profes coas camisetas que tiñan elaborado.







Os de Infantil e Primaria fixemos o acto pola tarde. Tivemos dúas presentadoras de luxo Antía de 6º e Paula Rodríguez de 5º, que nos foron presentando as diversas actividades: o mural sobre o cadro da “nena con pomba” de Picasso que fixeran os de 3 anos, o mural de caligramas feitos polos de 4 e 5 anos, as ocurrentes rimas da paz feitas polos de 1º e 2º e a lectura dos caligramas de paz gañadores de 3º a 6º. Tamén se aproveitou para entregar os premios da carreira pedestre celebrada o 24 de xaneiro. Logo tivemos uns bailes que prepararon as nenas de 5º sobre a canción de “código amistad” de Violeta e os de 6º, coa canción “son mis amigos” do grupo Amaral, que foron todo un éxito!! E ahora algunhas fotos!!

                              











Comentarios