Séguenos por correo electrónico

martes, 18 de febrero de 2014

I Certamen de Radio Escolar campUSCulturae

O pasado xoves 13 de febreiro os alumnos e alumnas do 2º e 3º ciclo de primaria visitamos Santiago por mor do  I Certamen de Radio Escolar campUSCulturae.
Sí,sí, como o estades oíndo, os nenos e nenas de  5º e 6º  fomos finalistas deste concurso de radio escolar, competindo con outros coles e institutos de Galicia.


    





                                



Visitamos a Facultade de Ciencias da Información na que disfrutamos dunha gala na que escoitamos os diferentes programas de radio de todos os finalistas e todo con moita música. 
Despois un estudantes moi amables ensináronos as cabinas de cortes e o estudio de radio e o resto da Facultade. Encantóunos!







Temos que confesar... que onde máis disfrutamos foi no Mc Donald´s  no que nos puxemos as botas. Foi un regalo que recibimos por todo o traballo que facemos grabando os programas de radio co noso profe José Manuel Ponte .














Deixámosvos unhas fotos e o enlace da Voz de Galicia na que tamén saímos ;)   :

http://www.lavozdegalicia.es/album/santiago/2014/02/13/usc-celebra-dia-radio/01101392318258489377558.htm