8 marzo 2014. Día da muller traballadora

Neste curso o equipo de Normalización Lingüística, o de Biblioteca e Orientación para festexar o día da muller traballadora propuxeron a todos os titores que fixeran cos seus alumnos un traballo sobre algunha muller pintora, xa que este ano o noso proxecto titúlase "Que pinta Lector?".
Todos os traballos foron expostos na entrada do colexio, máis no taboleiro da biblioteca, e fíxose un concurso nos que os alumnos que quixeran tiñan que contestar as preguntas que estaban nesos murais.
Os premios do concurso daranse o día do festival de xuño.
Nesta presentación feita por Hortensia veredes o estupendo traballo que fixeron todos os alumnos do CPI A Picota. PARABÉNS A TODOS!


Comentarios