INAUGURACIÓN AULA DE CASTELAO


O pasado 21 de maio celebramos no cole a inauguración da aula de Castelao, a elexida foi unha aula de 4º da E.S.O.
Participaron todos os rapaces e rapazas de 4º da E.S.O  e algúns representantes de primaria. 

Como actividades previas traballouse a figura e obra do homenaxeado nas distintas aulas e fixéronse distintos murais para ambientar o centro. 
Chegado o día, os de primaria aproveitaron para traballar a figura do escritor galego e disfrutamos facendo chapas dalgunhas das súas ilustracións nun taller moi entretenido.













Os alumnos de secundaria participaron nunha interesante charla-coloquio sobre a figura do escritor impartida por D. Carlos Mella o presidente da Fundación Castelao.


Ao rematar a charla, D.Carlos Mella recibió como agasallo un libro con distintos debuxos de Castelao feitos polo alumnado de primaria, e firmou cunha dedicatoria no libro de firmas.

 

 

Despois os alumnos de 4º ESO, e unha representación do alumnado de primaria foron có invitado e algúns profesores a aula de 4º A para descubrir a placa. Antes de o descubrimento desa placa algunhas alumnas de 3º ESO, xunto coa profesora de música interpretaron a canción Lela (poema de Castelao musicado). Neste vídeo veredes a actuación e o descubrimento da placa.








Comentarios