Gañadores do concurso relatos e debuxos da Santa Compaña

OS GAÑADORES EN PRIMARIA:

CONCURSO DE DEBUXO 

 


 CLAUDIA FERRADÁS  1º E.P.

SARA FERNÁNDEZ 2º E.P.













CONCURSO DE RELATOS





RUBÉN VILLAR  3º E.P.

ALEXIA OZÓN   4º E.P.


Conta a lenda que hai moitos anos cando se escoitaba ouvear os lobos era porque estaba na Picota a Santa Compaña . Unha noite...



CARME SUÁREZ  5º E.P. 



ÁLEX LEMA  5º E.P. 



 Unha noite escura e de treboada saímos a miña nai e máis eu de camiño ao monte onde dicían os máis vellos,que a certa hora da noite ouveaban os lobos dúas horas seguidas sen parar. Coa súa boca aberta e os seus ollos vermellos que parecían dous farois a alumear miraban para miña nai e para min que parecían que querían comernos dun bocado. Cada vez os seus ouvíos eran mais grandes e temerosos. Nisto acercouse un lobo dos mais vellos e trabou a miña nai nun costado, empezou a caer sangue por tódolos recunchos sen poder parar. Eu asusteime e intentei coller un pau para defenderme. Abalanzáronse todos sobre min e non sabia o que facer, tiña medo por miña nai que estaba tirada no chan e os lobos a bocados con ela. Sabia que xa non podía salvala, ela berraba co medo de que a min me pasase algo. 
Dicíame que fuxise,que fuxise... .Nisto empezoume a cheirar tamén a cera, parecido a cando ardes unha vela. Eu dicía ai meu deus, meu deus, desta non saio, esta é a última noite que vexo a miña nai.
 Mal como puiden xireime para atrás e fun capaz de coller un pau e facer un redondel todo polo chan e eu dentrodel. Naquel momento viñéronme o 
pensamento cousas que dicían os máis vellos, cousas que oira eu noites de inverno ao pé da lareira, cheíño de medo que case non era capaz de durmir sono. Era a Santa Compaña a que estaba facéndonos tanto dano a miña nai e máis a min. E dicían os máis vellos que para protexerte había que facer un círculo no chan e porte a rezar todo o que soubeses(O noso Pai, Ave Marías, Credos...) para que os espíritos malignos fuxisen.Ademais disque non podías coller a vela que che ofrecían porque senón convertiríaste no seu guía. No sitio onde quedara a miña nai xa non había rastro dela, o único que había era unha cruz espetada no chan. A min non podían facerme nada xa que estaba protexido pola man de Deus. Ano tras ano, o mesmo día e a mesma hora visitaba o lugar onde estaba a cruz, onde os feroces lobos acabaran coa vida da miña nai. Pero o único que vía era a cruz, cada ano que pasaba máis deteriorada

PAULA RODRÍGUEZ  6º E.P.


Todo empezou cun café...
Hai moitos anos un veciño do pobo de  Mazaricos, chamado Pedro, foi á taberna da vila, a única que había naqueles tempos.Todo empezou cun café pero como todos os días, o conto non remataba así. Despois do café, unha  cervexa ,e detrás un viño...e así ata que chegaba a noite. Cando Pedro decidiu ir para a casa xa serían polas once da noite. Como era inverno, xa se fixera noite pecha. De volta á casa tivo que ir polo bosque. El non tiña medo ningún porque aquel camiño facíao diariamente, pero aquela noite non era unha noite calquera. Polo  medio do camiño Pedro viu unhas persoas encapuchadas en fila de parellas, todo aquilo estábase referindo a un encontro coa Santa Compaña, a anunciadora da morte.
Ao día seguinte Pedro estaba aterrorizado,non lle quería contar a ninguén o que lle acontecera aquela noite. Pero a súa muller insistía en que lle dixera por que chegara tan tarde. Pedro era afeccionado á caza. Entón pola mañá, foi cos seus compañeiros ao monte. Pasaban as horas e Pedro non regresaba. Ás once da noite a súa muller recibiu unha chamada  dun dos seus compañeiros,que lle comunicou que Pedro recibira un disparo no peito e morrera.




CLARA TOMÉ MARIÑO 6º E.P. 

  


O día do SAMAÍN no C.P.I. A Picota é moi importante, por iso mandáronnos aos alumnos que buscaramos información sobre a Santa Compaña. Pois ben, eu xa sabía que era unha procesión de almas en pena, pero o que non me imaxinaba era que a Santa Compaña estaba moi ligada ao noso colexio. Sabedes como? Pois aquí comeza a miña historia …
   Dende hai moitos anos, a xente da Picota ía recoller leña ao Monte Pindo, ata que unha noite unha muller viúva mandou á súa única filla a por piñas. A súa casa só estaba a uns metros do bosque, pero era moi doado perderse. Xa pasara unha hora dende que a nena saíra e a nai empezou a preocuparse polo que decidiu ir en busca dela.
   Foi por un sendeiro ata chegar a un cruce de camiños onde lle cheirou a cera, oíu campás e viu unhas estrañas luces que viñan acompañadas duns cantos. De súpeto, veulle á cabeza unha historia que lle contara o seu marido na que lle dicía que tivese coidado cando fose soa polo monte porque se podía atopar cunha presenza maligna da que só algúns se poden librar. Se así fose, o marido aconselláballe que fixese un círculo no chan e se metese dentro e así esa presenza non lle atacaría, pero se non o lograse, tería que estar obrigada a vagar coa presenza maligna todas as noites ata o seu fin.
   Por desgraza, para ela, xa era demasiado tarde. Tiña detrás dúas filas de almas encabezada pola súa filla que non tivo máis remedio que ser servidora da Santa Compaña. A nai para liberala tiña que ocupar o seu luar e, para iso, a filla entregoulle a cruz e un caldeiro con auga bendita que levaba nas súas mans. Deste xeito a viúva pasou a ser ela a servidora e rogoulle á Santa Compaña que convertera a súa filla nun esqueleto para que non quedara sopa nesta vida. A Santa Compaña aceptou e deixou o esqueleto no centro do pobo da Picota onde agora se atopa o colexio; pero non só iso, senón que tamén uns mestres descubrírono ao facer a escola e agora utilízase para dar Coñecemento do Medio. E ata aquí a miña historia.


OS GAÑADORES EN SECUNDARIA:


“Un día de invierno, una señora mayor volvía tranquila a su casa, como cualquier día. Abrió la puerta y vio una especie de fantasma ahorcado al final del pasillo. Ella pensó que era una ilusión, pero al día siguiente le pasó lo mismo. Se empezó a aterrorizar y avisó a la policía, pero no la creyeron. Estaba muy asustada y comenzó a hacer locuras, hasta que se suicidó ahorcándose en el pasillo. Resulta que lo que vio no era un fantasma, si no su futuro”.
Raúl Rodríguez, 2º ESO B


“Había una vez una anciana llamada Florinda que se dedicaba a contar terribles historias a los niños de la aldea. Una noche, los niños, tras oír los cuentos de Florinda, observaron en el campo unas lucecillas sobre la hierba. Asustados gritaron:”! La Santa Compaña!” y echaron a correr.  Pero uno de los pequeños quedó prendido de algo; creyendo  que se trataba de la Santa Compaña no se movió del sitio. Al amanecer, el niño se dio cuenta de que quien lo sostenía era una simple rama, no la Santa Compaña, y las  lucecillas, luciérnagas de las noches de verano”.
Paula Villar, 2º ESO A

                                    A ELIXIDA…
Eu camiñaba tranquila, non me asustaba a noite lóbrega e escura nin os raios e tronos pero… aquel alentó frío no meu pescozo!!(…) Eu fora a elixida.
Yaira Moledo, 3º ESO A.

MEDO A DOMICILIO.
Ela nunca crera nos espiritos, e menos na Santa Compaña, pero aquela noite todo semellaba moi sinistro. As badaladas que soaban ao lonxe e o barullo desatado nalgún recuncho do lugar fixérona cobardarse. Xulián xa ía marchar cando ela lle suxeriu que pasase a noite alí, que non quería quedar soa. El aceptou a proposta e foise cara ó baño, xa alí realizou a chamada:
-         Xa podedes parar, asustouse e pediume que lle fixese compañía, todo saíu como pensábamos. Grazas pola vosa colaboración.

Sheila Sanmartín, 4º ESO A