Séguenos por correo electrónico

jueves, 18 de diciembre de 2014

Campo a través en Negreira 2014

O mércores día 3 de decembro acudimos en masa a Negreira para participar na carreira de campo a través. Estas xornadas enmárcanse dentro do Plan Xogade que promociona o deporte escolar nos centros educativos.
O desenrolo das probas foi sen problemas, día sen chuvia, circuito en bo estado,  con agran afluencia de participantes en xeral e no tocante ao noso centro, O CPI A Picota, compuxemos equipos nas categorías tanto masculino como femininos de benxamíns, alevíns e infantís.
Polo momento non temos as clasificacións das distintas categorías, aínda que sí estamos en disposición de felicitar a tódolos corredores pola súa participación, esforzo e vontade de facelo o mellor posible.



XOGADE NEGREIRA 14 from Ismael Priegue Mayo on Vimeo.