Excursión a Coruña - Palacio da Ópera

O día 29 de xaneiro o alumnado de  3º, 4º, 5º e 6º do CPI A Picota foi de excursión a Coruña coa intención de presenciar o magnífico espectáculo da Orquesta Sinfónica de Galicia coa súa representación "Quinteto Hércules Brass" de vento metal. Aí nos deleitaron cunha historia que simulaba ser unha viaxe musical ao longo de toda Europa, pasando por París, España, Hungría e Italia onde interpretaron temas de Offenbach, Piazzola, Saint-Saëns, etc.

Despois do concerto disfrutamos da comida e tempo de lecer no Forum Metropolitano de A Coruña, voltando para coincidir coa saída en horario habitual do colexio.

Comentarios