OBRADOIRO DE CÁLCULO E LECTURAS DIVERTIDAS

O obradoiro de cálculo e lecturas divertidas é unha actividade pensada para a participación do alumnado de 5º e 6º de primaria. 

Neste curso o proxecto de biblioteca xira arredor dos mitos e lendas, por eso  empezamos lendo un libro sobre as olimpiadas na antiga Grecia “Más rápido, más alto, más fuerte” de Mª Isabel Molina.  Ao longo de varias semanas lemos o libro e comentamos o lido nas sesións do obradoiro. Unha vez rematada a lectura do libro fixemos unha “Olimpiada matemática”, na que ao longo de 3 días os integrantes do obradoiro, divididos en 3 equipos, competiron  nun xogo de pistas  resolvendo diversos problemas matemáticos.  A continuación podemos ver algunhas fotos de distintos momentos desta olimpiada.


    

Aquí vémolos con algunhas profesoras colaboradoras no xogo de pistas, Patricia, Mónica ou Irma así como a nosa administrativa Luísa, que tamén se presta gustosamente  a axudarnos.



 
               



E finalmente os gañadores foron: Iria, Tino e Laura de 5º e Clara e Jose de 6º. Na foto vémolos coa coroa de loureiro, símbolo de triunfo e que recorda o mito de Apolo e Dafne, un dos mitos dos que se traballou neste curso no colexio. 




 Na seguinte foto vémolos rodeados dos seus compañeiros e contrincantes na olimpiada matemática. 

Unha vez rematada esta olimpiada ahora imos a comezar a ler un novo libro. Será a última entrega dos Megatoxos de Anxo Fariña, que nos ten moi boa pinta, xa vos contaremos!

Comentarios