ADIVIÑAS FRUTIMÁXICAS


Os nenos e nenas de 2º de Primaria fixeron un mural  con adiviñas de froitas, unhas copiadas e outras inventadas,  en relación co programa da Xunta de Galicia de “Froita na escola”.
Tamén probaron distintas froitas máis propias doutras latitudes como a papaya, o mango, o coco, dátiles....








Probando papaya. Houbo algún ao que non lle chistou moito.


Na foto de abaixo están probando o mango, este si que tivo máis éxito e a Bryan e Adrián rechifloulles e repetiron varias veces!!                                                                                                                      





Tamén probamos o coco. Leva o seu tempo abrilo! Primeiro hai que facerlle un buratiño nunha das 3 marquiñas que ten, cun sacacorchos, logo sácalle a auga, que hai que colala para bebela, ou bébese directamente no coco. Despois cun martelo hai que golpealo para partilo á metade e finalmente vanse facendo trociños máis pequenos, sácaselles a parte blanca e pélase. E...por fín, a comer! 
Nas seguintes fotos vésenos probando o coco, en xeral gustounos, especialmente a Saray, María e Sara Lema. A súa auga encantounos, e ben podería traer algunha máis, que non deixamos gota!!

                      

                      

Nas seguintes fotos vemos como nos gustaron os dátiles, probámolos tal como viñan e tamén os probamos con un pouco de queixo fresco cunha almendra, e estaba boísimo.
                      
   
                     


Ata faciamos esculturas con algunhas froitas, nas merendas que traiamos  da casa.