LETRAS GALEGAS 2015

En Educación Infantil e Primaria coñecemos a Xosé Filgueira Valverde e algo da  vida e obra do “Vello Profesor”  mediante o traballo nas aulas e tamén de xeito conxunto  nun acto colectivo, celebrado o luns 18 de maio, coas seguintes actividades:

-Cada clase ilustrou 2 versos do poema “Os maios”, nunha tira de Aironfix, que logo sería pegada nas escaleiras de subida do edificio de primaria, por onde teñen que pasar todos os nenos destas etapas educativas. Despois de colocar os versos fíxose unha lectura colectiva dos mesmos por un representante de cada clase.

-Entre todos recreamos a figura do “Vello Profesor”. Cada clase encargouse  de decorar ou pintar, segundo o seu gusto, unha parte do mural, que quedou como se pode ver na foto.